Tuesday 21 de May de 2024

Entran de novo a roubar no campo de fútbol de Iñás e levan pertenzas por valor de 3.000 euros


Durante a noite do pasado sábado produciuse por segunda vez un asalto ao campo de fútbol de Iñás, que causou perdas aos equipos locais, o Atlético San Pedro e o Mercurio de Iñás, por valor duns 3.000 euros.

As persoas penetraron no recinto tras forzar as pechaduras e levaron o equipamento musical e de megafonía do Atlético, ademais das equipacións que tiñan listas para ser bordadas co escudo. Tamén lles levaron todo o fondo de alimentos que tiñan para o manexo habitual, ademais da recadación dese día da cantina. En canto ao Mercurio, leváronlles todos os balóns que utilizaban para xogar e adestrar e varias carpas.